Ervin Staub
Ervin Staub é catedrático de Psicoloxía na Universidade de Massachussets, Amherst, e Director e fundador do curso de dou-toramento en Psicoloxía da Paz e Prevención da Violencia. Foi Profesor en Harvard e profesor convidado nas Universidades de Stanford e na London School of Economics, entre outras.
O Profesor Staub foi presidente de prestixiosas asociacións científicas e recibiu o recoñecemento de destacadas institucións internacionais.
Ademais dunha grande produción científica, da que se fai unha breve síntese no fin desta entrevista, o Profesor Staub preocupouse por achegar os resultados da súa actividade científica á opinión pública. Proba diso é que medios de comunicación como o New York Times, The Washington Post, U.S. World, BBC, NBC, Discovery Channel, etc. recolleron as súas opinións e traballos de investigación. O seu libro, Las raíces del mal, inspirou unha serie de tres capítulos emitidos pola BBC e Discovery Channel.
Despois desta sucinta presentación, quero agradecer ao profesor Staub a súa amabilidade ao aceptar esta entrevista para «Cadernos de Psicoloxía», especialmente porque sei que estas semanas ten unha axenda moi apertada.