Disociación e trauma

A disociación é un fenómeno postraumático. Moitos profesionais non afirmarían de xeito tan rotundo esta relación. No presente artigo revisaranse as razóns para a actual confusión no campo dos transtornos disociativos, e para a discrepancia respecto ao tema central deste texto. Neste traballo posicionámonos de forma clara a respecto da vinculación entre disociación e trauma, e argumentaremos esta afirmación desde perspectivas teóricas, empíricas, etolóxicas, neurofisiolóxicas e aportando exemplos da práctica clínica.

Palabras chave: transtornos disociativos, acontecementos traumáticos, disociación, trauma psíquico, estrese postraumático
González Vázquez, A. (2008): Disociación e trauma. Cadernos de Psicoloxía, 32, 63-78.