Violencia e TV
Hai uns meses publicouse en El País un artigo («Sadismo»), de Rosa Montero, na tradicional liña de rasgado de vestiduras, acerca dunha serie violenta (Dexter) e o que podía producir nos nosos tenros infantes. Foi contestado por Hernán Casciari («La abuelita de Rosa Montero»), no seu blog, cunha elegantísima e fina ironía. Como na contestación se incluía o artigo orixinal de Montero, recoméndolles que o lean (http://blogs.elpais.com/espoiler/2007/12/la-abuelita-de.html), pode ser unha boa alternativa a este artigo.
Nas sucesivas contestacións, etc.… montouse un bo debate que lles recomendo tamén e que me permite deixar de lado certos aspectos do tema.