Amparo Belloch Fuster
En maio de 2009 celebrouse o I Congreso Galego de Psicoloxía Clínica na cidade de Vigo. Con motivo deste evento realizamos naqueles días entrevistas a dúas persoas que pola súa implicación neste congreso, ademais da súa traxectoria profesional, puideran aportarnos algunhas das súas reflexións sobre a situación da Psicoloxía Clínica, tanto en Galicia (Xavier Sardiña) como a nivel estatal (Amparo Belloch).
Desde Cadernos de Psicoloxía agradecemos a ámbolos dous a súa amabilidade e a dedicación do seu tempo. A continuación presentámolos brevemente.
Amparo Belloch Fuster é profesora desde 1976 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Valencia. Catedrática de Psicopatoloxía da dita Universidade desde 1987. Autora de numerosas investigacións e publicacións científicas sobre Psicoloxía Clínica e Psicoloxía da Saúde. Na actualidade preside a Comisión Nacional da Especialidade de Psicoloxía Clínica e a Asociación Española de Psicoloxía Clínica e Psicopatoloxía.