Os instrumentos do contramovemento («Backlash») a pretendida síndrome de alienación parental

A pretendida síndrome de alineación parental, SAP (ou PAS, segundo as súas siglas en inglés), fixo a súa aparición en España nos últimos cinco anos en concordancia coa sanción da Lei integral de medidas de protección contra a Violencia de Xénero (Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro). Esta pretendida síndrome de uso psicoxurídico xa fora utilizada nos EE.UU (onde foi creada en 1985) e en certos países de fala hispana como México, Arxentina, Colombia, O Salvador e Costa Rica. En todos estes países a súa aparición e uso deuse de maneira paralela a medida que se avanzaba en Dereitos Humanos das mulleres, as nenas e os nenos. Este constructo falaz foi urdido para ser utilizado ad hoc na xustiza contra as nais e as/os fillas/os e, en especial, para invalidar os avances de Dereito, como a aplicación dunha Lei Integral contra a Violencia de Xénero. Este artigo comeza cunha descrición da SAP, a súa construción e a súa aplicación habitual nos litixios pola custodia dos fillos e as fillas. A continuación descríbese como a SAP se introduciu nos tribunais de familia e de Violencia de Xénero en España e ofrécense evidencias acerca da condición de instrumento do backlash, ou contramovemento dirixido a impedir os avances alcanzados a favor da igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Para iso, realizouse unha análise da natureza falaz desta pretendida síndrome, unha análise do contexto social onde xorde, os grupos que o introducen, apoian e utilizan e os obxectivos que se perseguen a través da súa aplicación/crenza no marco da xustiza. Tendo como referencias, entre outras, as principais investigacións realizadas nos EE.UU. Desde 1985, que dan conta disto. 

Palabras chave: violencia de xénero, síndrome de alienación parental, backlash, xustiza, contramovemento, neomachismo, posmachismo, maltrato, violencia doméstica
Vaccaro, S. (2011): Os instrumentos do contramovemento («Backlash»): a pretendida síndrome de alienación parental. Cadernos de Psicoloxía, 33, 51-67.