As persoas con transtornos do espectro autista e as súas familias que mudou en 40 anos?

Neste traballo analízanse as mudanzas que se produciron nos últimos 40 anos na detección precoz, o diagnóstico e as implicacións que ten a convivencia cunha persoa con TEA a partir da información ofrecida por 75 familias con fillos nacidos entre 1967-2006. Os resultados indican que son os membros da familia (principalmente a nai) os primeiros en sospeitar a existencia de problemas no desenvolvemento, sendo residual a participación de pediatras e educadores; a idade á que se consulta por sospeita de alteracións no desenvolvemento (principalmente por problemas de comunicación) non cambiou e sitúase á volta dos 24 meses, aínda que si se reduciu significativamente a demora entre esta primeira consulta e a realización definitiva do diagnóstico. Tamén se encontraron cambios significativos no perfil do profesional que realiza o diagnóstico. Por último, non se encontraron diferenzas ao longo deste tempo na percepción dos pais sobre as consecuencias de convivir cun fillo con TEA.

Palabras chave: TEA, detección precoz, demora no diagnóstico, implicacións familiares
García Fernández, M., Fernández Méndez, J. C., Durán Bouza, M., Martínez Díez, A. M. (2011): As persoas con transtornos do espectro autista e as súas familias: que mudou en 40 anos?. Cadernos de Psicoloxía, 33, 69-78.