Tratamento da depresión intervencións, custos, intereses e negocios

A depresión é un dos transtornos máis prevalentes, investigados, avaliados e tratados no ámbito da saúde mental. As Guías Clínicas sustentan a validez empírica de intervencións psicoterapéuticas e psicofarmacolóxicas para o tratamento da depresión, polo que profesionais e empresas dispensan estes servizos e lúcranse por iso. Os antidepresivos, á cabeza da lista, proporcionan á industria farmacéutica millóns de euros en beneficios e son só unha pequena parte do mercado que explotan estas empresas.

Este artigo estuda os tratamentos validados para a depresión, os seus custos e a implicación que teñen na facturación das grandes empresas farmacéuticas. Así mesmo, estúdanse outros factores que fan que estas empresas estean entre as que lideran a economía mundial.

Palabras chave: depresión, psicoterapia, psicofarmacoloxía, guías de práctica clínica, industria farmacéutica
Rodríguez Otero, J. E. (2011): Tratamento da depresión: intervencións, custos, intereses e negocio. Cadernos de Psicoloxía, 33, 9-25.