Miguel Siguan i Soler in memoriam

A morte colleuno traballando. Faleceu nun hospital de Barcelona o 8 de maio de 2010, aos 92 anos. Dous días antes, no seu gabinete, diante do ordenador, escribía o seu último texto. Un derrame cerebral secou, finalmente, a árbore da súa vida. Un xigante, non só polo seu porte físico senón pola súa grandeza intelectual, científica e comprometida cos seus semellantes.

Pazos Riveiro, J. M. (2011): Miguel Siguan i Soler, In Memoriam. Cadernos de Psicoloxía, 33, 113-116.