Viqueira (1886-1924) e o seu plan para a Psicoloxía

Cal tería sido o destino da nosa tradición psicolóxica, se Xoán Vicente Viqueira non tivese sido marcado desde moi novo por unha doenza que limitou a súa vida e a levou ao seu termo antes de facer corenta anos? E se tivese, ademais, logrado a cátedra universitaria de Psicoloxía, na Universidade Central de Madrid, cando opositou a ela en 1924? Ou, aínda máis fácil, que tería acontecido se conseguise que o escoitaran cando propuxo un plan para organizar a psicoloxía en España, xa en 1916?

Isto non son cuestións imaxinarias, nin simples futuríbeis. A nosa historia da Psicoloxía, en varios puntos, sufriu recortes e eventualidades que frustraron posibilidades efectivas e condicionaron o seu correcto desenvolvemento. A Guerra Civil foi un, e moi importante. Mais tamén esta historia de infortunio que recaeu sobre o psicólogo galego deixou pegadas perceptíbeis no noso pasado.

Carpintero, H. (2011): Viqueira (1886-1924) e o seu plan para a Psicoloxía. Cadernos de Psicoloxía, 33, 101-111.