A anorexia nerviosa unha revisión

Aínda que a anorexia nerviosa é un trastorno con baixa prevalencia, implica graves consecuencias físicas e psicolóxicas para as pacientes. É o trastorno mental con maior índice de mortalidade e afecta fundamentalmente a mulleres adolescentes. Na actualidade a anorexia nerviosa carece dun tratamento tanto psicolóxico como farmacolóxico eficaz, o que podería estar relacionado coa concepción actual dominante e a énfase excesiva nos trastornos da imaxe corporal. Por outra banda, a investigación, tanto na súa vertente humana como animal, destacou o papel central da hiperactividade na anorexia nerviosa, onde o incremento da actividade física pode entenderse como un mecanismo de sostén da temperatura corporal, para compensar a hipotermia orixinada pola perda de peso. Tendo en conta o papel modulador da temperatura ambiental na expresión da actividade física das pacientes, resultan prometedores os efectos beneficiosos da aplicación de calor no tratamento da anorexia nerviosa.

 

Palabras chave: Anorexia nerviosa, hiperactividade, temperatura ambiental, modelo animal
Carrera Guermeur, O. e Gutiérrez García. E. (2017): A anorexia nerviosa: unha revisión. Cadernos de Psicoloxía. Vol. 35, 15-28. COPG, Galicia.