Editorial : A psicoloxía que vén
Carlos Montes Piñeiro
Subdirector de Cadernos de Psicoloxía
A psicoloxía é unha disciplina única e diversa. As súas teorías e métodos proporcionan unha visión singular para comprender de xeito integral a mente e o comportamento humanos; é dicir, como pensamos, sentimos, actuamos e interactuamos, tanto individual como grupalmente. Desde os seus albores, o coñecemento e a aplicación da psicoloxía medraron e desenvolvéronse ao abeiro dos cambios históricos, políticos, económicos e sociais, dando cumprida resposta aos retos, ás esixencias e ás necesidades da sociedade.
Ver artigo completo