A evolución e a consolidación da psicoloxía do Traballo e das organizacións na estrutura colexial

Ofrécese unha sinopse da evolución da área da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións ata a súa constitución en sección profesional, mencionando aquelas actividades e eventos que facilitaron o seu avance. No marco da estrutura colexial, un grupo de profesionais co seu esforzo e coa súa dedicación, fomentaron a través dos anos a participación en tarefas e en compromisos para o desenvolvemento da actuación profesional. Nos seus inicios, a área tivo un percorrido pausado, por etapas, pero celoso de elaborar un proxecto e dar visibilidade a un ámbito emerxente no mercado laboral, así como normalizar o seu funcionamento e crear espazos de traballo para tratar tanto problemáticas como cuestións técnicas. Descríbense episodios e circunstancias que fixeron posible chegar ata o presente e seguir fortalecendo as iniciativas que permitan ampliar metas, novas estruturas de funcionamento e as boas prácticas profesionais. 

Palabras chave: Sección profesional, percorrido histórico, compromiso, regulamento interno, participación, programación de actividades, boas prácticas, estrutura colexial, equipo de traballo, acreditación profesional, división profesional, iniciativas, traballo e recursos humanos.
Domínguez Rey, J. L. (2017): A evolución e a consolidación da psicoloxía do Traballo e das organizacións na estrutura colexial. Cadernos de Psicoloxía, 36, 121-144. COPG, Galicia.