O lugar dos traballadores máis vellos: na mediatriz daidolatría da mocidade e dunha «nova esparta»

O envellecemento da forza de traballo é unha realidade en moitos países occidentais. É neste contexto que ensaiamos un par de reflexións sobre este fenómeno, en concreto sobre as súas causas e as súas repercusións a nivel individual, grupal e organizativo. Revisamos iniciativas de xestión dunha man de obra avellentada. Entendemos que o reforzo da importancia de identidades sociais comúns a todos os traballadores dunha organización (por exemplo, a identidade profesional ou organizativa) pode contribuír en moito a mitigar os efectos indesexables das categorizacións estereotipadas con base na idade. 

Palabras chave: Envellecemento, traballadores maiores, identidade social, organizacións inclusivas.
Oliveira, E. (2017): na mediatriz daidolatría da mocidade e dunha «nova esparta». Cadernos de Psicoloxía, 36, 55-61. COPG, Galicia.