A orientación profesional na actualidade

A orientación profesional é unha disciplina aínda descoñecida e comunmente confundida con disciplinas similares, que non chegou a acadar o prestixio do cal goza noutros países, o cal dificulta a empregabilidade dos propios orientadores, profesionais que traballan para que outras persoas establezan e alcancen os seus obxectivos laborais, sempre integrándoos coa su vida persoal. Este tipo de orientación busca guiar as persoas no seu desenvolvemento profesional, dándolles as ferramentas e as estratexias necesarias para ser autónomos e tomar as súas propias decisións e asesorándoos durante o camiño. Aínda que comezan a verse programas específicos para determinados colectivos sociais, queda moito por avanzar na especialización da intervención orientadora, pois a diversidade humana fai necesarias propostas de actuacións o máis adaptables posibles a cada caso. Entre os principais retos atópanse aumentar a súa visibilidade e dar a coñecer os beneficios potenciais que contribúe, así como achegarse a todas as persoas que precisen asesoramento laboral. 

Palabras chave: Orientación, orientación profesional, emprego, axencia de colocación.
Iglesias Rodríguez, S. (2017): A orientación profesional na actualidade. Cadernos de Psicoloxía, 36, 19-26. COPG, Galicia.