Editorial : A psicoloxía ao servizo do traballo

A psicoloxía goza na actualidade dunha gran popularidade. Este recoñecemento social débese a que os psicólogos e as psicólogas dispoñen dun amplo abano de coñecementos e técnicas para axudar de xeito eficaz e eficiente as persoas en contextos e ámbitos moi distintos. Precisamente, a súa amplitude e adaptabilidade a diferentes contidos e escenarios de traballo propiciou que os e as profesionais da psicoloxía estean hoxe moi presentes en todas as dimensións da vida, tanto na esfera privada ou persoal, como no espazo familiar, no social ou de lecer ou no laboral.

Ver artigo completo