Editorial

Hai agora máis de dous anos, a Folga de Mulleres do 8 de marzo de 2018 sorprendeu a propias e estraños —ás súas impulsoras, aos axentes sociais e aos medios de comunicación, mesmo a nivel internacional— polo seu extenso apoio. Moitas mulleres secundaron o paro laboral/estudantil, de consumo e de coidados; moitísimas máis saíron á rúa en manifestacións, superando calquera previsión, por optimista que fose.

Consello de Redacción (2020): Editorial. Cadernos de Psicoloxía, 37, 7-10. COPG, Galicia.