Custos do modelo de masculinidade tradicional no funcionamento sexual dos homes

Neste artigo pretendemos realizar unha breve análise da factura a pagar no desempeño sexual dos homes baixo a influencia do modelo patriarcal, por descontado suxeito ao esquema monosexual, e que como profesionais abordamos en diferentes espazos educativos, terapéuticos e de investigación.

As revolucións sociais, sobre todo feministas e sexuais, a partir de mediados do século XX, conseguiron derrubar os cimentos da estrutura do xénero baseada no biopoder ou sistema de produción-reprodución. En pleno século XXI, baixo o dominio neoliberal, ábrese paso un mercado de diversidade sexual que, ante a aparencia de normalización dun amplo espectro de identidades, as regula e limita as prácticas sexuais, na súa maioría, a modelos de hexemonía falocéntrica. É aquí onde imos reflexionar, sobre algunhas das consecuencias destas prácticas catalogadas de heterosexuais e sometidas á ditadura do pene nos encontros sexuais. Propoñemos repensar a nosa dimensión sexual e esa falsa aparencia de liberdade na construción das nosas identidades, desexos e expresións sexuais, á vez que reclamamos máis implicación nunha educación sexual de calidade que nos dote de habilidades para enfrontarnos a unha sociedade plural e libre de estereotipos machistas e que acompañe as persoas na súa evolución desde os inicios da vida.

Palabras chave: Masculinidade heteronormativa, xénero, porno-prostitución, diversidade e educación sexual.
Leal Docampo, P. e Rodríguez Pousada, V. (2020): Custos do modelo de masculinidade tradicional no funcionamento sexual dos homes. Cadernos de Psicoloxía. Vol. 37, 63-78. COPG, Galicia.