Identidade masculina e riscos laborais Riscos presentes, avances futuros

Desde sempre é sabido que o corpo do home e da muller son diferentes. Con todo, que o traballo (en xeral) poida estar a afectar de maneira diferente a mulleres e homes é algo máis recente. E non só por un tema de que nos atopamos con diferentes factores ambientais (físicos e psicosociais) no traballo (diferente exposición), porque temos diferentes traballos (postos masculinizados e feminizados, a través de fenómenos denominados segregación horizontal e vertical), senón porque os mesmos factores poden afectarnos de maneira desigual a ambos os sexos (diferente vulnerabilidade). 

Todo isto levou a estudar o feito de que homes e mulleres teñamos diferentes riscos físicos e psicosociais no traballo. Nos últimos tempos, moitas son as voces que se levantaron facendo ver a importancia de incluír a perspectiva de xénero na avaliación e na intervención dos riscos laborais, dada a postura tradicionalmente androcéntrica das mesmas, onde as mulleres considerábanse unha «excepción á norma». Deste xeito, desde os Equipamentos de Protección Individual (EPIs) ás doses de exposición a diferentes substancias, consideráronse a partir do corpo e da fisionomía masculina, deixando a muller desprotexida en moitos casos. É por iso que existe na actualidade unha ampla e punteira liña de literatura científica focalizada na prevención de riscos e da promoción da saúde da muller no traballo.

Cifre Gallego, E. e Domínguez-Castillo, P. (2020): Identidade masculina e riscos laborais: Riscos presentes, avances futuros. Cadernos de Psicoloxía. Vol. 37, 43-61. COPG, Galicia.