Influencia das masculinidades na violencia de xénero

Este artigo está dividido en dúas partes, na primeira parte faise unha breve descrición das masculinidades, é dicir, como inflúe o modelo tradicional de masculinidade e de feminidade nas actitudes e nas construcións de homes e mulleres. Na segunda parte faise referencia aos obxectivos que se perseguen no traballo cos homes dentro do Programa Abramos o Círculo, contexto no que desenvolvo parte da miña actividade profesional. Trabállase con homes que desexan previr condutas violentas e aprender outras formas de comportarse dun modo máis construtivo, para eles e para as súas parellas, se aínda as conservan. Así mesmo, tamén se nomean certas marcas de contexto que se teñen en conta durante o transcurso do Programa, como a voluntariedade da participación no mesmo e que é un espazo de cambio para el e non de terapia de parella nin mediación de ningún tipo.

Palabras chave: Homes, mulleres, xénero, femias, machos, cultura, contexto, social, nenos, nenas, feminino, masculino, terapia conduta, control, impulso, sociedade, voluntario.
Losada Somoza, M.L. (2020): Influencia das masculinidades na violencia de xénero. Cadernos de Psicoloxía. Vol. 37, 85-91. COPG, Galicia.