Os mozos tamén choran

#WETOO, Brújula para jóvenes feministas (Planeta, 2019), é un libro dirixido ás e aos máis novos, pero sobre todo aos mozos. A miña experiencia como docente universitario, así como en faladoiros e obradoiros con alumnado de Secundaria, permitiume constatar que os adolescentes, e refírome singularmente aos homes, andan especialmente perdidos nun escenario no que o feminismo gaña espazo e no que as súas compañeiras cada vez pisan máis forte. Escrito de maneira moi divulgativa, e coa intención de que xere debates nas aulas e nas familias, #WeToo aborda cuestións como as relacións amorosas, o sexo, a violencia de xénero ou a diversidade afectivo-sexual. Aínda que as súas páxinas poden ser lidas por homes e mulleres, o foco ponse de maneira especial nuns mozos que se atopan perdidos entre a reacción neomachista que sacode o mundo e a ausencia de referencias de masculinidades alternativas á patriarcal. Entre outras cousas, porque como explico no capítulo que reproduzo a continuación, seguen a socializarse nunha virilidade que nega «o feminino» e que os converte en «estrinxidos emocionais».

 

Salazar, O. (2019): Os mozos tamén choran. Cadernos de Psicoloxía. Vol. 37, 93-104. COPG, Galicia.