Unha aproximación ás masculinidades, á saúde e aos riscos laborais
O obxecto deste artigo é reflexionar sobre a relación da construción das identidades masculinas coa saúde e cos riscos laborais e en que forma esta análise nos serve para establecer medidas preventivas dirixidas especificamente a homes.
A aplicación da perspectiva de xénero á saúde e a prevención dos riscos laborais supón recoñecer o feito de que existe unha construción cultural e social distinta para cada sexo —construción de xénero—, e que por iso pode haber diferenzas entre mulleres e homes en relación coa saúde no mundo laboral entendendo por esta, segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde), o estado de pleno benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de enfermidade.
Na nosa sociedade, onde a desigualdade de mulleres e homes aínda é unha realidade, non existe un único modelo de masculinidade e non todos gozan do mesmo poder e prestixio sociais, analízase no artigo cales son actualmente os que gozan de recoñecemento na nosa sociedade e son influentes no mundo laboral en relación coa saúde e coa prevención de riscos.