Normas de publicación

  1. Cadernos de Psicoloxía publica artigos en galego de carácter empírico ou de natureza teórica que supoñan unha contribución ao progreso de calquera ámbito da Psicoloxía.
  2. Os traballos deberán ser inéditos, é dicir, nin publicados nin en proceso de publicación. Dáse por suposto que todas as persoas que figuran como autores/as deron a súa conformidade e ceden os dereitos sobre o mesmo en caso de ser aceptado para a súa publicación.
  3. Os traballos, elaborados en formato Word. Na primeira páxina incluirase o título do artigo en galego, os nomes dos/as autores/as, a institución á que pertencen, o enderezo do/a autor/a co que se manterá correspondencia e os posíbeis agradecementos. A segunda páxina incluirá de novo o título, un resumo (de entre 150 e 250 palabras), as frases destacadas (unha por cada 350 palabras como máximo) e as palabras-chave que se considerar suficientes e en galego. O resumo reflectirá o obxectivo do estudo, o método e os principias resultados ou conclusións. As figuras e táboas incluiranse ao final do manuscrito, unha en cada páxina. Deberanse compor polas/os autoras/es no modo definitivo (tal como desexen que aparezan) e estar numeradas correlativamente, indicándose a súa ubicación no texto.
  4. A redación dos manuscritos deberá seguir as normas de publicación da APA (Publication Manual of the American Psychological Association, 2005, 6ª edición). As máis importantes resúmense a continuación. As citas bibliográficas no texto faranse co apelido do/a autor/a e o ano de publicación (ambos entre paréntese e separados por unha coma). Se o/a autor/a forma parte da narración, ponse entre parénteses só o ano. Se se trata de dous/dúas autores/as, sempre se citan ambos/as. Cando o traballo ten máis de dous e menos de seis autoras/es, cítanse todas/os a primeira vez e nas seguintes citas ponse só o apelido do/a primeiro/a seguido de «et al.» e máis o ano. Para máis de seis autoras/es, cítase o/a primeiro/a seguido de «et al.» e en caso de confusión engádense as/os autoras/es subseguintes até resultaren ben identificadas/os. En calquera caso, a referencia na listaxe bibliográfica deberá ser completa. Cando se citan diferentes/as autores/as dentro da mesma paréntese, ordénanse alfabeticamente. Para citar traballos do/a mesmo/a autor/a ou autores/as coa mesma data, engádense ao ano as letras a, b, c, até onde for necesario, repetindo o ano. As referencias bibliográficas irán alfabeticamente ordenadas ao final e atendendo á seguinte normativa:
    • Para libros: Autor/a (apelido, coma, iniciais de nome e punto; se hai varias/os autoras/es, sepáranse con coma colocando antes do último un «e»); ano (entre parénteses) e punto; título completo en cursiva e punto; cidade de edición, dous puntos e editora. No caso de tratarse dun libro traducido con posterioridade á publicación orixinal, engádese no fin «orix.» e o ano. Exemplo:
      • Eysenck, H. J. (1957) Usos y abusos de la psicología. Madrid: Biblioteca Nueva (Orix. 1953).
    • Para capítulos de libros: Autor(es); ano; título do traballo que se cita e, a continuación, introducido con «En», o/a ou os/as directores/as, editores/as ou compiladores/as (iniciais do nome e apelido) seguido entre parénteses de Dir., Ed. ou Comp., engadindo un «s» no caso do plural; o título do libro en cursiva e, entre parénteses, a paxinación do capítulo citado; a cidade e a editora. Exemplo:
      • Cantón, J. e Cortés, M. (2006). Sintomatología, evaluación y tratamiento del abuso sexual infantil. En V. E. Caballo e M. A. Simón (Dirs.), Manual de psicología clínica infantil y del adolescente (pp. 293-312). Madrid: Pirámide.
    • Para revistas: Autor(es); ano; título do artigo; nome completo da revista en cursiva; vol. en cursiva; e páxina inicial e final. Exemplo:
      • Botella, C., Guillén, V. e Martínez, P. (1997). Avaliación e tratamento psicolóxico da hipocondría. Cadernos de Psicoloxía, 28, 40-58.
    • Para outra casuística acúdase ao manual citado da APA (2005).
  5. Os traballos serán enviados preferentemente en versión electrónica ao e-mail do COPG (copgalicia[a]cop.es) ou ao seu enderezo de correo postal (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rúa Espiñeira 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela) á atención do Director de Cadernos de Psicoloxía. A súa recepción acusarase de inmediato e no prazo máis breve posíbel informarase acerca da súa aceptación. A responsabilidade da decisión de publicar ou non un orixinal, así como a de determinar a data en que isto se levará a cabo correspóndelle colexiadamente ao Consello de Redación e, en última instancia, ao Director.