Cadernos de Psicoloxía publica artigos en galego de carácter empírico ou de natureza teórica que supoñan unha contribución ao progreso de calquera ámbito da Psicoloxía.
Os traballos deberán ser inéditos, é dicir, nin publicados nin en proceso de publicación. Dáse por suposto que todas as persoas que figuran como autores/as deron a súa conformidade e ceden os dereitos sobre o mesmo en caso de ser aceptado para a súa publicación.
Os traballos, elaborados en formato Word. Na primeira páxina incluirase o título do artigo en galego, os nomes dos/as autores/as, a institución á que pertencen, o enderezo do/a autor/a co que se manterá correspondencia e os posíbeis agradecementos. A segunda páxina incluirá de novo o título, un resumo (de entre 150 e 250 palabras), as frases destacadas (unha por cada 350 palabras como máximo) e as palabras-chave que se considerar suficientes e en galego. O resumo reflectirá o obxectivo do estudo, o método e os principias resultados ou conclusións. As figuras e táboas incluiranse ao final do manuscrito, unha en cada páxina. Deberanse compor polas/os autoras/es no modo definitivo (tal como desexen que aparezan) e estar numeradas correlativamente, indicándose a súa ubicación no texto.
A redación dos manuscritos deberá seguir as normas de publicación da APA (Publication Manual of the American Psychological Association, 2005, 6ª edición). As máis importantes resúmense a continuación. As citas bibliográficas no texto faranse co apelido do/a autor/a e o ano de publicación (ambos entre paréntese e separados por unha coma). Se o/a autor/a forma parte da narración, ponse entre parénteses só o ano. Se se trata de dous/dúas autores/as, sempre se citan ambos/as. Cando o traballo ten máis de dous e menos de seis autoras/es, cítanse todas/os a primeira vez e nas seguintes citas ponse só o apelido do/a primeiro/a seguido de «et al.» e máis o ano. Para máis de seis autoras/es, cítase o/a primeiro/a seguido de «et al.» e en caso de confusión engádense as/os autoras/es subseguintes até resultaren ben identificadas/os. En calquera caso, a referencia na listaxe bibliográfica deberá ser completa. Cando se citan diferentes/as autores/as dentro da mesma paréntese, ordénanse alfabeticamente. Para citar traballos do/a mesmo/a autor/a ou autores/as coa mesma data, engádense ao ano as letras a, b, c, até onde for necesario, repetindo o ano. As referencias bibliográficas irán alfabeticamente ordenadas ao final e atendendo á seguinte normativa:
Para libros: Autor/a (apelido, coma, iniciais de nome e punto; se hai varias/os autoras/es, sepáranse con coma colocando antes do último un «e»); ano (entre parénteses) e punto; título completo en cursiva e punto; cidade de edición, dous puntos e editora. No caso de tratarse dun libro traducido con posterioridade á publicación orixinal, engádese no fin «orix.» e o ano. Exemplo:
Eysenck, H. J. (1957) Usos y abusos de la psicología. Madrid: Biblioteca Nueva (Orix. 1953).
Para capítulos de libros: Autor(es); ano; título do traballo que se cita e, a continuación, introducido con «En», o/a ou os/as directores/as, editores/as ou compiladores/as (iniciais do nome e apelido) seguido entre parénteses de Dir., Ed. ou Comp., engadindo un «s» no caso do plural; o título do libro en cursiva e, entre parénteses, a paxinación do capítulo citado; a cidade e a editora. Exemplo:
Cantón, J. e Cortés, M. (2006). Sintomatología, evaluación y tratamiento del abuso sexual infantil. En V. E. Caballo e M. A. Simón (Dirs.), Manual de psicología clínica infantil y del adolescente (pp. 293-312). Madrid: Pirámide.
Para revistas: Autor(es); ano; título do artigo; nome completo da revista en cursiva; vol. en cursiva; e páxina inicial e final. Exemplo:
Botella, C., Guillén, V. e Martínez, P. (1997). Avaliación e tratamento psicolóxico da hipocondría. Cadernos de Psicoloxía, 28, 40-58.
Para outra casuística acúdase ao manual citado da APA (2005).
Os traballos serán enviados preferentemente en versión electrónica ao e-mail do COPG (copgalicia[a]cop.es) ou ao seu enderezo de correo postal (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rúa Espiñeira 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela) á atención do Director de Cadernos de Psicoloxía. A súa recepción acusarase de inmediato e no prazo máis breve posíbel informarase acerca da súa aceptación. A responsabilidade da decisión de publicar ou non un orixinal, así como a de determinar a data en que isto se levará a cabo correspóndelle colexiadamente ao Consello de Redación e, en última instancia, ao Director.